Axuda do LibreOffice 7.5
Dispón das seguintes ordes de menú para follas de cálculo.
A xanela do documento en que desexa traballar debe estar seleccionada para poder usar as ordes de menú. Da mesma forma, é necesario seleccionar un obxecto do documento para poder usar as ordes de menú asociados a ese obxecto.
Os menús son sensíbeis ao contexto, o que significa que é posíbel acceder aos elementos de ditos menús que teñen relevancia para a tarefa desenvolvida. Se o cursor está situado nun texto, estarán dispoñíbeis todos os elementos necesarios para a edición do texto. Se se seleccionan imaxes, veranse todos os elementos do menú que poden ser usados para a edición de imaxes.
These commands apply to the current document, create a document, open an existing document, or close the application.
This menu contains commands to control the on-screen display of the document, change the user interface and access the sidebar panels.
O menú Inserir contén ordes para inserir novos elementos, como imaxes, caixas de texto, obxectos, multimedia, nomes de celas e moito máis na folla actual.
O menú Formato contén ordes para formatar as celas, obxectos e contidos de cela seleccionados no documento.
Use as ordes do menú Datos para editar os datos na folla actual. Pode definir intervalos, ordenación e filtrar os datos, calcular os resultados, contornar datos e abrir a táboa dinámica.
O menú Ferramentas contén ordes para corrixir a ortografía, rastrexar referencias ás follas, atopar erros e definir escenarios.