Axuda do LibreOffice 25.8
O ano nunha entrada de data introdúcese con frecuencia como dous díxitos. Internamente, o LibreOffice xestiónao como catro díxitos, polo que no cálculo da diferenza entre 1/1/99 e 1/1/01 o resultado será o correcto de dous anos.
En LibreOffice - PreferenciasFerramentas - Opcións - LibreOffice - Xeral pódese definir que século se utiliza ao introducir un ano con só díxitos. Por omisión é de 1930 a 2029.
Isto significa que cando se introduce unha data de «1/1/30» ou posterior esta se trata internamente como 1930-01-01 ou superior. Todos os anos de dous díxitos menores refírense ao século 20xx. Así, por exemplo, «1/1/20» convértese a 2020-01-01.