Validación do contido das celas

Para cada cela pódense definir que entradas son válidas. As entradas non válidas para unha cela serán rexeitadas.

Icona Aviso

A regra de validación actívase ao introducir un valor novo. A regra de validación non se aplica se xa houbese un valor non válido introducido nunha cela ou se se insire un valor na cela arrastrando e soltando ou copiando e pegando.


Icona Nota

Pode escoller Ferramentas - Detective en calquera momento e escoller a orde Marcar datos non válidos para mostrar que celas conteñen valores non válidos.


Empregar a validación do contido das celas

  1. Seleccione as celas para as que desexe definir unha regra de validación nova.

  2. Escolla Datos - Validación.

  3. Na lapela Criterios introduza as condicións para os novos valores que se introduzan nas celas.

  4. No campo Permitir escolla unha opción.

  5. Se escolle «Números enteiros» non se permite valores como «12,5». Escoller «Data» permite información sobre datas tanto no formato de datas locais como na forma dunha data serial. Do mesmo xeito, a condición «Hora» permite valores horarios como «12:00» ou números seriais de hora. «Largura do texto» estipula que as celas só poden conter texto.

    Seleccione «Lista» para introducir unha lista de entradas válidas.

  6. Seleccione a seguinte condición en Datos. Segundo o que escolla terá opcións adicionais.

Unha vez determinadas as condicións de validación da cela pode empregar as outras dúas lapelas para crear caixas de mensaxe:

Para mostrar a mensaxe de erro seleccione Mostrar mensaxe de erro ao inserir valores non válidos.

Icona Nota

Despois de cambiar a acción da cela na lapela Alerta de erro e de pechar a caixa de diálogo con Aceptar, hai que primeiro seleccionar outra cela antes de que o cambio sexa efectivo.


Precisamos da súa axuda!