Funcións definidas polo usuario

Pode aplicar funcións definidas polo usuario no Calc do LibreOffice dos seguintes xeitos:

Definir unha función empregando o BASIC do LibreOffice

  1. Escolla Ferramentas - Macros - Editar macros.

  2. Aparece o IDE de BASIC.

  3. Na xanela Catálogo de obxectos prema dúas veces no módulo no que desexa almacenar a súa macro.

  4. Introduza o código da función. Neste exemplo, definidos unha función VOL(a; b; c) que calcula o volume dun sólido rectangular con lados a, b e c.


    Function VOL(a, b, c)
        VOL = a*b*c
    End Function

Copiar unha función a un documento

Na segunda etapa de «Definir unha función empregando o BASIC do LibreOffice», na caixa de diálogo Macro, vostede premeu Editar. Por omisión selecciónase o módulo As miñas macros - Estándar - Módulo1 no campo Macro de. A biblioteca Estándar reside localmente no seu directorio de usuario.

Se desexa copiar a función definida polo usuario a un documento do Calc:

  1. Escolla Ferramentas - Macros - Organizar macros - BASIC.

  2. No campo Macro do seleccione As miñas macros - Estándar - Módulo1 e prema Editar.

  3. No IDE de BASIC seleccione o código da función definida por vostede e cópiea ao portapapeis.

  4. Peche o IDE de BASIC.

  5. Escolla Ferramentas - Macros - Organizar macros - BASIC.

  6. No campo Macro de seleccione (Nome do documento do Calco) - Estándar - Módulo1. Prema Editar.

  7. Pegue o contido do portapapeis no IDE de BASIC do documento.

Aplicar unha función definida polo usuario no Calc do LibreOffice

Unha vez definida a función VOL(a; b; c) no IDE de BASIC esta xa se pode aplicar do mesmo xeito que as funcións incorporadas do Calc do LibreOffice.

  1. Abra un documento do Calc e introduza números para os parámetros da función a, b e c nas celas A1, B1 e C1.

  2. Coloque o cursor noutra cela e introduza o seguinte:

    =VOL(A1;B1;C1)

  3. A función avalíase e o resultado vese na cela seleccionada.

Precisamos da súa axuda!