Empregar a ferramenta de subtotais

O Calc ofrece a ferramenta Subtotais como alternativa máis completa á función SUBTOTAL. En contraste con SUBTOTAL, que só funciona nunha única matriz, a ferramenta Subtotais pode crear subtotais de até tres matrices dispostas en columnas con etiquetas. Tamén agrupa os subtotais por categoría e os ordena automaticamente, eliminando así a necesidade de aplicar filtros automáticos e de filtrar categorías á man.

Para acceder a esta orde...

Escolla Datos - Subtotais.


Empregar a ferramenta de subtotais

Para inserir valores de subtotais nunha folla de cálculo:

  1. Seleccione o intervalo de celas dos subtotais que desexe calcular e lembre incluír as etiquetas das cabeceiras de columna. Como alternativa, prema nunha única cela dentro dos datos para permitir que o Calc identifique o intervalo automaticamente.

  2. Escolla Datos - Subtotais para abrir a caixa de diálogo Subtotais.

  3. Na lista depregábel Agrupar por da páxina 1º grupo seleccione unha columna pola etiqueta. As entradas no intervalo de celas do paso 1 agrúpanse e ordénanse segundo os valores correspondentes desta columna.

  4. Na caixa Calcular subtotais para da páxina 1º grupo seleccione unha columna que conteña os valores a incluir nos subtotais. Se máis tarde cambia os valores desta columna. o Calc recalculará os subtotais automaticamente.

  5. Na caixa Utilizar función da páxina 1º grupo seleccione unha función para calcular os subtotais da columna seleccionada no paso 4.

  6. Repita os pasos 4 e 5 para crear subtotais para as outras columnas da páxina 1º grupo.

  7. Pode crear dúas categorías máis de subtotais empregando as páxinas 2º grupo e 3º grupo e repetindo os pasos 3 a 6. Se non desexa engadir máis grupos deixe a lista Agrupar por de cada páxina definida como «- ningún -».

  8. Prema Aceptar. O Calc engade filas de subtotais e de total xeral ao intervalo de celas.

Esquema do subtotal

Cando se utiliza a ferramenta Subtotais, o Calc insire un esquema á esquerda da columna do número de fila. Este esquema representa a estrutura xerárquica dos subtotais e pódese empregar para agochar ou mostrar datos de diferentes niveis da xerarquía indicando os indicadores de columna numerados na parte superior do esquema ou os indicadores de grupo, indicados polos signos de máis (+) e menos (-)

Esta funcionalidade é útil se ten moitos subtotais, pois pode simplemente agochar os detalles de baixo nivel, como as entradas individuais, para producir un resumo de alto nivel dos datos.

Para desactivar os esquemas escolla Datos - Agrupar e esquematizar - Retirar esquema. Para restauralos escolla Datos - Agrupar e esquematizar - Esquema automático.

Precisamos da súa axuda!