Aplicar filtros avanzados

  1. Copie as cabeceiras de columna dos intervalos da folla que quere filtrar nunha área baleira da folla e introduza os criterios do filtro nunha fila entre as cabeceiras. Os datos organizados horizontalmente nunha fila estarán sempre conectados loxicamente con E e os datos organizados verticalmente nunha columna estarán sempre conectados loxicamente con OU.

  2. Unha vez creada unha matriz de filtro, seleccione os intervalos da folla que desexe filtrar. Abra a caixa de diálogo Filtro avanzado escollendo Datos - Máis filtros - Filtro avanzado e defina as condicións do filtro.

  3. Despois prema Aceptar e verá que só son visíbeis as filas da folla orixinal cuxo contido satisfai os criterios de busca. As demais filas están agochadas temporalmente e pódense facer visíbeis de novo coa orde Formato - Filas - Mostrar.

Exemplo

Cargue unha folla de cálculo cun número grande de rexistros. Estamos a empregar un documento fictício Cifra de negocios, pero pode utilizar calquera outro documento. O documento ten o esquema seguinte:

A

B

C

D

E

1

Mes

Estándar

Negocio

Luxo

Suite

2

Xaneiro

125600

200500

240000

170000

3

Febreiro

160000

180300

362000

220000

4

Marzo

170000

etc...


Copie a fila 1 coas cabeceiras de fila (nomes dos campos) na fila 20, por exemplo. Introduza as condicións de filtro ligadas con OU nas filas 21, 22, etc.

A

B

C

D

E

20

Mes

Estándar

Negocio

Luxo

Suite

21

Xaneiro

22

>160000


Especifique que só se mostren as filas que teñan o valor xaneiro nas celas Mes OU un valor superior a 160 000 nas celas Estándar.

Escolla Datos - Máis filtros - Filtros avanzados e seleccione o intervalo A20:E22. Despois de premer en Aceptar só se verán as filas filtradas. O resto das filas ficarán agochadas.

Precisamos da súa axuda!