Aplicar listas ordenadas

As listas ordenadas permiten escribir información nunha cela e arrastrala para encher unha lista de elementos consecutivos.

Por exemplo, introduza o texto «xan» ou «xaneiro» nunha cela baleira. Seleccione a cela e prema co rato no canto inferior dereito do bordo da cela. Despois, arrastre a cela seleccionada unhas poucas delas para a dereita ou para abaixo. Ao soltar o botón do rato as celas realzadas terán introducidos os nomes dos meses.

Manteña premido se non quere encher as celas con valores diferentes.

Pode atopar as series predeterminadas en - Calc do LibreOffice - Listas ordenadas. Tamén pode crear as súas propias listas ou cadeas de texto axeitadas ás súas necesidades, como unha lista das oficinas da súa empresa. Ao empregar a información destas listas máis tarde (por exemplo, como cabeceiras), simplemente introduza o primeiro nome da lista e expanda a entrada arrastrándoo co rato.

Precisamos da súa axuda!