Empregar escenarios

Un escenario do Calc do LibreOffice é un conxunto de valores de cela que se poden utilizar nos cálculos. Cada escenario da folla recibe un nome. Pode definir varios escenarios na mesma folla, cada un con algúns valores diferentes nas celas. Así pode trocar entre os conxuntos de valores das celas polo seu nome e observar os resultados inmediatamente. Os escenarios son unha ferramenta para probar preguntas do tipo «e se...?».

Crear os seus propios escenarios

Para crear un escenario seleccione todas as celas que fornecen os datos do escenario.

  1. Seleccione as celas que conteñan os valores que han cambiar entre escenarios. Para seleccionar varias celas manteña premida a tecla segundo vai premendo en cada unha.

  2. Escolla Ferramentas - Escenarios. Aparece a caixa de diálogo Crear escenario.

  3. Introduza un nome para o novo escenario de deixe os outros campos sen cambiar cos seus valores predeterminados. Peche o caixa de diálogo con Aceptar. O novo escenario actívase automaticamente.

Empregar escenarios

Os escenarios poden ser seleccionados no Navegador:

  1. Abra o Navegador coa icona Navegador Icona do Navegador da barra Estándar.

  2. Prema na icona Escenarios Icona Escenarios no Navegador.

No Navegador vense os escenarios definidos cos comentarios introducidos ao crear os escenarios.

Icona Nota

Se desexa saber que valores do escenario afectan outros valores escolla Ferramentas - Detective - Rastrexar dependentes. Verá frechas ás celas que dependen directamente da cela actual.


Precisamos da súa axuda!