Renomear follas

Definir os nomes das follas é importante para producir documentos de folla de cálculo lexíbeis e comprensíbeis.

tip

O nome dunha folla é independente do nome da folla de cálculo. O nome da folla de cálculo introdúcese ao gardala por vez primeira como ficheiro.


Para renomear unha folla do documento:

  1. Prema dúas veces na lapela da folla ou abra o seu menú de contexto e escolla Renomear folla. Aparece unha caixa de diálogo na que pode introducir un nome novo.

  2. Introduza un nome novo para a folla e prema Aceptar.

  3. Como alternativa, manteña premida a tecla e prema no nome de calquera folla e introduza o novo nome directamente.

note

O documento pode conter até 10 000 follas individuais, cada unha das cales ten que ter un nome diferente.


Restricións nos nomes das follas

Os nomes das follas poden conter practicamente calquera carácter. Porén, existen algunhas restricións; os caracteres seguintes non están permitidos nos nomes das follas:

As aspas simples teñen o código Unicode U+0027, coñecido tamén como apóstrofo. Están permitidos outros caracteres de aspas simples semellantes ao apóstrofo, como ʼ e .

Empregar un prefixo predeterminado para os nomes das follas

Pode definir un prefixo para os nomes das follas novas que cree. Escolla - Calc do LibreOffice - Opcións predeterminadas e introduza un nome para o prefixo en Prefixo das follas novas.

Referenciar nomes de folla con caracteres especiais

Nas referencias a celas o nome da folla debe estar entre aspas simples ' cando o nome conteña caracteres que non sexan alfanuméricos ou o guión baixo. Unha única aspa contida dentro dun nome debe ser escapada duplicándoa (dúas aspas simples).

Por exemplo, para facer referencia á cela A1 nunha folla chamada Comida n'O Pindo.

A referencia debe ir entre aspas simples e esa aspa simple (apóstrofo, neste caso) dentro do nome ten que estar duplicada: 'Comida n''O Pindo'.A1.

Precisamos da súa axuda!