Axuda do LibreOffice 26.2
Se ten unha folla que sexa tan grande que se vaia imprimir en varias páxinas, pode configurar que as filas ou columnas se repitan en cada páxina impresa.
Por exemplo, se quere imprimir as dúas primeiras filas da folla, así como a primeira columna (A) de todas as páxinas, faga o seguinte:
Escolla Formato - Intervalos de impresión - Editar. Aparece a caixa de diálogo Editar intervalos de impresión.
Prema na icona do extremo dereito da área Filas para repetir.
A caixa de diálogo redúcese para que poida ver máis da folla de cálculo.
Seleccione as dúas primeiras filas e, para este exemplo, prema na cela A1 e arrastre para A2.
Na caixa de diálogo reducida verá $1:$2. As filas 1 e 2 son agora as filas que se repiten.
Prema na icona do extremo dereito da área Filas para repetir. A caixa restáurase de novo.
Se tamén quere que se repita a columna, prema na icona do extremo dereito da área Columnas para repetir.
Prema na columna A (non na cabeceira da columna).
Prema de novo na icona do extremo dereito da área Columnas para repetir.
As filas que se repiten son as da folla. Pode definir cabeceiras e rodapés que se impriman en cada páxina independentemente disto en Formato - Esilo de páxina.