Axuda do LibreOffice 26.2
Para imprimir unha folla dispón de varias opcións interactivas en Vista - Quebra de páxina. Arrastre as liñas delimitadoras para definir o intervalo de celas que imprimir en cada páxina.
Para imprimir en formato occidental proceda como segue:
Vaia á folla que desexa imprimir.
Escolla Formato - Estilo de páxina.
A orde non está visíbel se a folla de cálculo foi aberta coa protección contra escrita activada. Nese caso, prema na icona Editar ficheiro da barra Estándar.
Seleccione a lapela Páxina. Seleccione o formato de papel Horizontal e prema Aceptar.
Escolla Ficheiro - Imprimir. Verá a caixa de diálogo Imprimir.
Dependendo do controlador da impresora e do sistema operativo pode ser necesario premer o botón Propiedades e cambiar a impresora ao formato horizontal aquí.
Na caixa de diálogo Imprimir da lapela Xeral, seleccione o contido que desexe imprimir:
Todas as follas - Imprímense todas as follas.
Follas seleccionadas - Imprímense só as follas seleccionadas. Imprímense todas as follas cuxo nome (na parte inferior das lapelas das follas) estea seleccionado. Esta selección pódese cambiar premendo OrdeCtrl ao tempo que se preme no nome da folla.
Celas seleccionadas - Imprímense todas as celas seleccionadas.
De todas as páxinas que resulten (en papel) da selección anterior, pode seleccionar o intervalo delas que desexe imprimir.
Todas as páxinas - Imprimir todas as páxinas resultantes.
Páxinas - Introduza as páxinas que desexe imprimir. As páxinas tamén se numeran desde a primeira folla en diante. Se ve en Ver quebra de páxina que Folla1 se vai imprimir en 4 páxinas e vostede quere imprimir as dúas primeiras páxinas de Folla2, introduza 5-6 aquí.
Se ten definido un ou máis intervalos de impresión en Formato - Intervalos de impresión, só se imprime o contido deses intervalos de impresión.