Axuda do LibreOffice 26.2
Se unha folla é demasiado grande para unha única páxina impresa, o Calc do LibreOffice imprime a folla actual dividida en varias páxinas. Dado que as quebras de páxina automáticas non han coincidir na posición ideal, vostede pode definir a distribución das páxinas.
Vaia á folla que desexa imprimir.
Escolla Ver - Quebra de páxina.
Verá a distribución automática da folla de cálculo nas páxinas impresas. Os intervalos de impresión creados automaticamente indícanse con liñas en azul escuro e as definidas polo usuario con liñas en azul claro. As quebras de páxina (quebras de liña e quebras de columna) están marcadas como liñas negras.
Pode mover as liñas azuis co rato. Pode atopar máis funcións no menú de contexto, incluíndo engadir un intervalo de impresión adicional, retirar a ampliación e inserir quebras manuais de liña e de columna adicionais.