Imprimir detalles das follas

Ao imprimir unha folla pódese seleccionar que detalles imprimir:

Para escoller os detalles proceda como segue:

  1. Seleccione a folla que desexe imprimir.

  2. Escolla Formato - Estilo de páxina.

    A orde non está visíbel se a folla foi aberta coa protección activada. Nese caso, prema na icona Editar ficheiro da barra Estándar.

  3. Seleccione a tabela Folla. Na área Imprimir marque os detalles que queira imprimir e prema Aceptar.

  4. Imprima o documento.

Precisamos da súa axuda!