Axuda do LibreOffice 25.8
Os filtros empréganse para retirar datos indesexados da gráfica dinámica. Pode empregar filtros na gráfica dinámica ou na táboa dinámica correspondente, xa que a gráfica resultante é exactamente a mesma.
Os botóns da gráfica dinámica son exclusivos das gráficas dinámicas; as gráficas normais non os teñen. Os botóns mostran a disposición da táboa dinámica, que son os campos da táboa dinámica. Se están presentes, os filtros aparecen na parte superior. Os campos de fila aparecen na parte inferior da gráfica un a carón do outro e a lenda mostra os botóns dos campos de columna empillados.
Os botóns teñen accións asociadas. Se hai filtros aplicados a frecha tórnase azul (de xeito semellante á táboa dinámica), polo que é máis doado de ver cando un campo ten un filtro aplicado.
Os filtros existentes mostran o que foi filtrado: cando non hai nada filtrado aparece «- todo -», cando hai datos filtrados aparece «- múltiplo -» e cando só un valor non está filtrado ese valor é o que se mostra.