Converter texto en números

Defaults settings in Calc converts text inside cells to the respective numeric values if an unambiguous conversion is possible. If no conversion is possible, Calc returns a #VALUE! error.

Só se converten os enteiros, incluídos expoñentes, así como datas e horas no formato ISO 8601 nos seus formatos estendidos con separadores. Calquera outra cousa, como números fraccionarios con separadores decimais ou datas nun formato distinto do ISO 8601 non se converten, xa que a cadea dependería da configuración local. Ignóranse os espazos que haxa antes ou despois.

Convértense os formatos da norma ISO 8601 seguintes:

Non se pode omitir o código do século CC. No canto do separador de data e hora T pódese empregar exactamente un carácter de espazo.

Se se indica unha data, esta ten que ser unha data válida do calendario gregoriano. Neste caso a hora opcional debe estar no intervalo de 00:00 a 23:59:59.99999...

Se só se dá unha cadea horaria, esta pode ter un valor de horas de máis de 24, aínda que os minutos e segundos poden ter un valor máximo de 59.

note

A conversión realízanse só para valores escalares, non en intervalos.


A conversión realízase para valores escalares singulares, como =A1+A2 ou ="1E2"+1. Os argumentos de intervalo de cela non se ven afectados, polo que SUMA(A1:A2) será diferente de A1+A2 se polo menos unha das dúas celas contén unha cadea convertíbel.

As cadeas dentro das fórmulas tamén se converten, como en ="1999-11-22"+42, que devolve a data de 42 días despois do 22 de novembro de 1999. Os cálculos que implican datas con configuración local como cadeas dentro da fórmula producen un erro. Por exemplo, non é posíbel empregar as cadeas de data "11/22/1999" or "22.11.1999" para a conversión automática.

warning

Ao empregar funcións nas que un ou máis argumentos sexan criterios de busca que representen unha expresión regular, téntase primeiro converter os criterios da cadea en números. Por exemplo, «.0» convértese en 0.0, etc. Se resulta ben, a busca non será unha coincidencia de expresión regular senón unha coincidencia numérica. Porén, ao traballar cunha configuración rexional na que o separador decimal non sexa o punto, como en galego, o punto fai que funcione a conversión a expresión regular. Para obrigar a que a avaliación sexa dunha expresión regular no canto dunha expresión numérica hai que empregar algunha expresión que non se poda confundir cunha numérica, como «.[0]», «.\0» ou «(?i).0».


Exemplo

En A1 introduza o texto '1e2 (que se converte no número 100 internamente).

En A2 introduza =A1+1 (que resulta correctamente en 101).

A fórmula =SUMA(A1:A2) devolve 101 no canto de 201 porque a conversión non se realiza nun intervalo, só para valores escalares singulares. Aquí, '1e2 é tratado como cade e ignorado pola función SUMA.

=SUMA("1E2";1) devolve #VALOR! porque SUMA() e outras funcións que iteran sobre secuencias numéricas explicitamente comproban o tipo de argumento.

Cambiar o texto predeterminado da conversión de texto en números

A conversión de texto en números pode personalizarse na opción Configuración detallada de cálculo.

Precisamos da súa axuda!