Aplicar varias follas de cálculo

Seleccionar varias follas de cálculo

A lapela da folla de cálculo actual sempre está visíbel en branco diante das demais lapelas. As outras lapelas son grises se non están seleccionadas. Ao premer outras lapelas tendo premida, pódense seleccionar varias follas.

Pode empregar Maiús++RePáx ou AvPáx para seleccionar varias follas co teclado.

Desfacer unha selección

Para desfacer a selección dunha folla, prema na súa lapela de novo tendo premida a tecla . A folla visíbel non pode ser eliminada da selección.

Calcular en varias follas de cálculo

Pode referirse a un intervalo de follas de cálculo nunha fórmula indicando a primeira e a derradeira follas dun intervalo. Por exemplo, =SUMA(Folla1.A1:Folla3.A1) suma todas as celas A1 da folla Folla1 até a Folla3.

Precisamos da súa axuda!

Precisamos da súa axuda!