Navegar polas lapelas das follas

Por omisión, o LibreOffice mostra unha folla, «Folla1» en cada documento de folla de cálculo novo. Pódense engadir follas empregano o botón (+) da parte de abaixo da pantalla e alternar entre as follas da folla de cálculo empregando as lapelas das follas.

note

Se as lapelas da folla non son visíbeis escolla - Calc do LibreOffice - Ver - Lapelas das follas para que se vexan na parte inferior da pantalla.


Lapelas das follas

Botóns de navegación das follas

Os botóns de navegación actívanse cando o número de follas do documento é maior que o número de follas que aparecen na barra de navegación de follas.

Empregue os botóns de navegación para mostrar todas as follas que pertenzan ao documento. Ao premer o botón da esquerda de todo ou da dereita de todo vense, respectivamente, a primeira ou a derradeira lapela. Os botóns do medio permiten desprazarse para adiante e para atrás polas lapelas das follas. Para mostrar a propia folla prema na súa lapela.

Icona Nova folla

Botón esquerdo do rato: Engade unha folla en branco nova á dereita da folla actual.

Botón dereito do rato: Abre un submenú con todas as follas non marcadas como agochadas. Prema no nome dunha folla para ir a ela. As follas ocultas non se listan no submenú.

Precisamos da súa axuda!