Mover celas arrastrando e soltando

Ao arrastrar e soltar unha selección de celas, filas ou columnas nunha folla do Calc, as celas (incluídas as das filas ou columnas seleccionadas) normalmente substitúen as celas existentes na área na que se soltan. Este é o modo de substitución normal.

Teña en conta que para arrastrar e soltar filas e columnas enteiras hai que seleccionar as columnas que se queiran mover (ou copiar) primeiro e despois arrastrar desde as celas seleccionadas, non desde as cabeceiras de fila ou columna (con isto se anularía a selección das celas).

Ao manter premida a tecla ao soltar o botón do rato éntrase no modo de inserción.

  1. No modo de inserción, as celas existentes no lugar no que se soltar desprázanse para a dereita ou para abaixo e as celas que se soltan insírense nas posicións que ficaron baleiras sen substituír o que había.

  2. A caixa que arrodea as celas que se moven ten unha aparencia diferente no modo de inserción.

    No modo de substitución vense os catro bordos que arrodean a área seleccionada. No modo de inserción só se ve o bordo esquerdo cando as celas de destino vaian ser desprazadas para a dereita. Só se ve o bordo superior cando as celas de destino vaian ser desprazadas para abaixo.

    Que a área de destino se despraza para a dereita ou para abaixo depende da distancia entre as celas de orixe e de destino cando se moven dentro da mesma folla. Depende do número de celas horizontais ou verticais da área que se move cando se moven a unha folla diferente.

  3. Se move celas no modo de inserción dentro da mesma fila (só horizontalmente), após as inserción das celas todas as celas se desprazan á esquerda para encher a área de orixe.

En ambos os dous modos pódese manter premida a tecla ou +Maiús ao soltar o botón do rato para inserir unha copia ou unha ligazón, respectivamente.

Teclas premidas ao soltar o botón do rato

Resultado

Ningunha tecla

As celas desprázanse e substitúen as celas da área de destino. As celas de orixe son desocupadas.

Tecla

As celas cópianse e substitúen as celas da área de orixe. As celas de orixe fican como estaban.

Teclas +Maiús

Insírense ligazóns ás celas de orixe e substitúense as celas da área de destino. As celas de orixe fican como estaban.

Tecla

As celas móvense e desprazan as celas da área de destino para a dereita ou para abaixo. As celas de orixe desocúpanse, excepto ao mover dentro das mesmas filas da mesma folla.

Ao mover dentro das mesmas filas da mesma folla as celas da área de destino desprázanse para a dereita e despois a fila enteira desprázase para encher a área de orixe.

Teclas

As celas cópianse e desprazan as celas da área de destino para a dereita ou para abaixo. As celas de orixe fican como estaban.

Teclas +Maiús

Insírense ligazóns ás celas de orixe e desprazan as celas da área de destino para a dereita ou para abaixo. As celas de orixe fican como estaban.


Precisamos da súa axuda!