Introducir fórmulas de matriz

O que segue é un exemplo de como se pode introducir unha fórmula de matriz sen entrar nos detalles das funcións de matriz.

Imaxine que introduciu 10 números nas columnas A e B (A1:A10 e B1:B10) e que desexa calcular a suma de cada fila na columna C.

  1. Empregando o rato, seleccione o intervalo C1:C10, no que aparecerán os resultados.

  2. Prema F2 ou prema na liña de entrada da barra de fórmulas.

  3. Introduza un signo de igual (=).

  4. Seleccione o intervalo A1:A10, que contén os primeiros valores da fórmula de suma.

  5. Prema a tecla (+) do teclado numérico.

  6. Seleccione os números da segunda columna nas celas B1:B10.

  7. Remate a introdución coa combinación de teclas de matriz: Maiús++Intro.

A área da matriz fica protexida automaticamente contra modificacións, como a eliminación de filas ou columnas. No entanto, é posíbel editar o formato, como o fondo das celas.

Precisamos da súa axuda!