Axuda do LibreOffice 25.8
Consulte tamén as listas de teclas de atallo do Calc do LibreOffice e do LibreOffice en xeral.
Nunha caixa de texto que teña un botón para minimizar a caixa de diálogo, prema F2 para entrar no modo de selección de celas. Selecciona calquera cantidade de celas e prema F2 de novo para mostrar a caixa de diálogo.
No modo de selección de celas pódense empregar as teclas de navigación habituais para seleccionar celas.
Pode empergar o teclado no Esquerma:
Prema F6 or Maiús+F6 até que a a xanela de esquema vertical ou horizontal teña o foco.
Tab - percorre todos os botóns visíbeis desde arriba para abaixo ou desde a esquerda para a dereita.
Maiús+Tab - percorre todos os botóns visíbeis no sentido oposto.
Orde+1 a Orde+8Ctrl+1 to Ctrl+8 - mostrar todos os niveis até o número especificado; agochar todos os niveis superiores.
Empregue + ou - para mostrar ou agochar o grupo de esquema con foco.
Prema Intro para activar o botón que teña o foco.
Empregue as frechas Arriba, Abaixo, Esquerda ou Dereita para percorrer todos os botóns do nivel actual.
Escolla Ver - Barras de ferramentas - Debuxo para abrir a barra de ferramentas Deseño.
Prema F6 até que a barra de ferramentas Debuxo sexa seleccionada.
Se a ferramenta de selección está activa prema OrdeCtrl+Intro. Isto selecciona o primeiro obxecto de debuxo ou imaxe da folla.
Con OrdeCtrl+F6 establécese o foco no documento.
Agora pode empregar Tab para seleccionar o seguinte obxecto de debuxo ou imaxe e Maiús+Tab para seleccionar o anterior.