Teclas de atallo (Accesibilidade do Calc do LibreOffice)

Consulte tamén as listas de teclas de atallo do Calc do LibreOffice e do LibreOffice en xeral.

Icona Nota

Algunha tecla de atallo podería estar atribuída ao sistema e non estar dispoñíbel para LibreOffice. Tente atribuír teclas diferentes para LibreOffice, en Ferramentas - Personalizar - Teclas, ou no seu sistema.


Modo de selección de celas

Icona Minimizar caixa de diálogo

Nunha caixa de texto que teña un botón para minimizar a caixa de diálogo, prema F2 para entrar no modo de selección de celas. Selecciona calquera cantidade de celas e prema F2 de novo para mostrar a caixa de diálogo.

No modo de selección de celas pódense empregar as teclas de navigación habituais para seleccionar celas.

Controlar o esquema

Pode empergar o teclado no Esquerma:

Seleccionar un obxecto de debuxo ou imaxe

  1. Escolla Ver - Barras de ferramentas - Debuxo para abrir a barra de ferramentas Deseño.

  2. Prema F6 até que a barra de ferramentas Debuxo sexa seleccionada.

  3. Se a ferramenta de selección está activa prema +Intro. Isto selecciona o primeiro obxecto de debuxo ou imaxe da folla.

  4. Con +F6 establécese o foco no documento.

    Agora pode empregar Tab para seleccionar o seguinte obxecto de debuxo ou imaxe e Maiús+Tab para seleccionar o anterior.

Precisamos da súa axuda!