Axuda do LibreOffice 25.8
O Calco do LibreOffice garda todas as follas dun documento xuntas como documento en HTML. No comezo do documento en HTML engade automaticamente unha cabeceira e unha lista de hiperligazóns que levan ás follas individuais do documento.
Os números móstranse como están escritos. Ademais, na etiqueta de HTML <SDVAL> escríbese o valor numérico interno exacto para que cando se abra o documento en HTML co LibreOffice vostede saiba que ten os valores exactos.
Para gardar o documento actual do Calc como HTML escolla Ficheiro - Gardar como.
Na caixa de lista Tipo de ficheiro, na área que inclúe os outros filtros do Calc do LibreOffice, escolla o tipo de ficheiro «Documento HTML (Calc do LibreOffice)».
Introduza un nome de ficheiro e prema Gardar.
O LibreOffice ofrece varios filtros para abrir ficheiros HTML que se poden seleccionar en Ficheiro - Abrir na caixa de lista Ficheiros de tipo:
Escolla o tipo de ficheiro «Documento HTML (Calc do LibreOffice)» para abrir no Calc do LibreOffice.
Todas as opcións do Calc do LibreOffice están agora dispoñíbeis. Porén, non todas as opcións que o Calc do LibreOffice ofrece poden ser gardadas no formato HTML.