Axuda do LibreOffice 25.8
Pódese introducir un número fraccionario nunha cela e empregalo para efectuar cálculos:
Introduza «0 1/5» nunha cela (sen as aspas) e prema a tecla Intro. Na liña de entrada que hai por enriba da folla de cálculo verá o valor 0,2, que é usado para o cálculo.
Se introduce «0 1/2», a corrección automática fai que os tres caracteres, 1, / e 2 sexan substituídos por un único carácter, ½. O mesmo se aplica a 1/4 e 3/4. Esta substitución está definida na lapela Ferramentas - Corrección automática - Opcións de corrección automática - Opcións.
Se desexa ver fraccións con varias cifras, como «1/10» ten que cambiar o formato de cela para a vista de fraccións de varios díxitos. Abra o menú de contexto da cela e escolla Formatar celas. Seleccione «Fracción» no campo Categoría e aí seleccione «-1234 10/81». Así poderá introducir fraccións como 12/31 ou 12/32; as fraccións, porén, son reducidas automaticamente, polo que neste último exemplo o que verá será 3/8.