Calcular con fórmulas

Todas as fórmulas comezan cun signo de igual. As fórmulas poden conter números, texto, operadores aritméticos, operadores lóxicos ou funcións.

Icona Suxestión

Lembra que os operadores aritméticos básicos (+,-,*,/) poden ser utilizados nas fórmulas empregando a regra «Multiplicación e división antes de suma e subracción». No canto de escribir =SUMA(A1:B1) pódese escribir =A1+B1.


Icona Suxestión

Tamén se poden empregar parénteses. O resultado da fórmula =(2+2)*3 produce un resultado diferente a = 1+2*3.


Velaquí algúns exemplo das fórmulas do Calc do LibreOffice:

=A1+10

Mostra o contido da cela A1 máis 10.

=A1*16%

Mostra o 16% do contido de A1.

=A1 * A2

Mostra o resultado da multiplicación de A1 por A2.

=ARREDONDAR(A1;1)

Mostra o contido da cela A1 arredondada a un decimal.

=EFECTIVA(5%;12)

Calcula o xuro efectivo para un xuro nominal anual do 5% con 12 pagamentos por ano.

=B8-SUMA(B10:B14)

Calcula B8 menú de contextos a suma das celas B10 a B14.

=SUMA(B8;SUMA(B10:B14))

Calcula a suma das celas B10 a B14 e engade o valor a B8.


Tamén é posíbel aniñar funcións nas fórmulas, como mostra o exemplo. Tamén se poden aniñar funcións dentro de funcións. O Asistente de funcións axuda coas funcións aniñadas.

Precisamos da súa axuda!