Introducir fórmulas

Pode introducir fórmulas de varios xeitos: empregando as iconas ou escribindo no teclado ou cunha combinación dos dous métodos.

  1. Prema na cela na que queira introducir a fórmula.

  2. Prema na icona Fórmula da barra de fórmulas.

    Verá un signo de igual na liña de entrada e xa pode comezar a introducir a fórmula.

  3. Despois de introducir os valores requiridos prema Intro ou Aceptar para inserir o resultado na cela activa. Se desexa limpar a entrada da liña de entrada prema Escape ou Cancelar.

Tamén pode introducir os valores e as fórmulas directamente nas celas, vesmo se non pode ver un cursor de entrada. As fórmulas deben ir sempre precedidas do signo de igual.

Tamén pode premer as teclas + ou - do teclado numérico para iniciar unha fórmula. O bloqueo numérico debe estar activo. Prema, por exemplo, as teclas seguintes sucesivamente:

+ 5 0 - 8 Intro

Verá o resultado 42 na cela. A cela contén a fórmula =+50-8.

Icona Nota

Se está a editar unha fórmula con referencias, as referencias e as celas asociadas estarán realzadas coa mesma cor. Entón pode modificar o tamaño do bordo de referencia empregando o rato e a referencia da fórmula que aparece na liña de entrada tamén cambia. Mostrar referencias en cores pode deactivarse en - Calc do LibreOffice - Ver.


Icona Suxestión

Se desexa ver o cálculo de elementos individuais dunha fórmula seleccione os respectivos elementos e prema F9. Por exemplo, na fórmula =SUMA(A1:B12)*SUMA(C1:D12) seleccione a sección SUMA(C1:D12) e prema F9 para ver o subtotal desta área.


Se se produce un erro ao crear a fórmula aparece unha mensaxe de erro na cela activa.

Precisamos da súa axuda!