Copiar fórmulas

Hai varias maneiras de copiar unha fórmula. Un método suxerido é:

  1. Seleccione a cela que contén a fórmula.

  2. Escolla Editar - Copiar ou prema +C para copiala.

  3. Seleccione a cela na que quere copiar a fórmula.

  4. Escolla Editar - Pegar ou prema +V. A fórmula colócase na nova cela.

Se desexa copiar unha fórmula en varias celas hai un xeito rápido e doado de copiar en áreas de celas adxacentes:

  1. Seleccione a cela que contén a fórmula.

  2. Coloque o rato no canto inferior dereito do borde realzado da cela e continúe a premer o botón do rato até que o punteiro se torne nunha cruz.

  3. Co botón do rato premido, arrástreo para abaixo ou para a dereita sobre todas as celas nas que desexa copiar a fórmula.

  4. Ao soltar o botón do rato a fórmula cópiase nas celas e axústase automaticamente.

Se non desexa que os valores e os textos se axusten automaticamente, manteña premida a tecla ao arrastrar. As fórmulas, porén, sempre se axustan como corresponda.

Precisamos da súa axuda!