Formatar follas de cálculo

Formatar texto nunha folla de cálculo

  1. Seleccione o texto que desexe formatar.

  2. Escolla os atributos de texto que desexe na barra Formato. Tamén pode escoller Formato - Celas. Aparecerá a caixa de diálogo Formatar celas, na que poderá escoller diferentes atributos de texto na lapela Tipo de letra.

Formatar números nunha folla de cálculo

  1. Seleccione as celas que conteñan os números que desexa formatar.

  2. Para formatar números no formato monetario predeterminado ou como porcentaxes, empregue as iconas da barra Formato. Para outros formatos, escolla Formatar - Celas. Pode escoller entre os formatos predefinidos ou definir o seu propio na lapela Números.

Formatar bordes e fondos de celas e páxinas

  1. Pode asignar un formato a calquera grupo de celas seleccionando primeiro as celas (para seleccións múltiplas, manteña premida a tecla mentres prema) e activando a caixa de diálogo Formatar celas en Formato - Celas. Nesta caixa de diálogo pódense seleccionar atributos como, por exemplo, sombras e fondo.

  2. Para aplicar atributos de formato a unha folla enteira escolla Formatar - Estilo de páxina. Pode definir que as cabeceiras e os rodapés aparezan, por exemplo, en cada páxina impresa.

Icona Nota

As imaxes cargadas con Formato - Estilo de páxina - Fondo só se ven ao imprimir ou na vista de impresión. Para que tamén se mostre unha imaxe de fondo na pantalla, insira a imaxe escollendo Inserir - Imaxe - De ficheiro e dispoña a imaxe detrás das celas escollendo Formato - Dispor - No fondo. Empregue o Navegador para seleccionar a imaxe de fondo.


Precisamos da súa axuda!

Precisamos da súa axuda!