Atopar e substituír no Calc

Nos documentos de folla de cálculo pode encontrar palabras, formatos e estilos. Pode navegar dun resultado a outro ou pode realzar todos as celas que concidan simultaneamente e, a seguir, aplicar outro formato ou substituír o contido das celas por outro distinto.

A caixa de diálogo Atopar e substituír

As celas poden conter texto ou números que se introducisen directamente como nun documento de texto. Mais as celas tamén poden conter texto ou números que sexan o resultado dun cálculo. Se, por exemplo, unha cela contén a fórmula =1+2, o que mostra é o resultado 3. Vostede ten que decidir se buscar 1, 2 ou 3.

Para atopar fórmulas ou valores

Na caixa de diálogo Atopar e substituír pode especificar se atopar as partes dunha fórmula ou os resultdos dun cálculo.

  1. Escolla Editar - Atopar e substituír para abrir a caixa de diálogo Atopar e substituír.

  2. Prema en Máis opcións para expandir a caixa de diálogo.

  3. Seleccione «Fórmulas» ou «Valores» na caixa de lista Buscar en.

Con «Fórmulas» atópanse todas as partes das fórmulas.

Con «Valores» atópanse os resultados dos cálculos.

Icona Nota

O contido das celas pódese formatar de diferentes maneiras. Por exemplo, un número pode ter formato de moeda e mostrarse cun símbolo de moeda. Estes símbolos inclúense nas buscas se a opción de busca Vista formatada está activada.


Atopar texto

  1. Escolla Editar - Atopar e substituír para abrir a caixa de diálogo Atopar e substituír.

  2. Introduza o texto que desexe atopar na caixa de texto Atopar.

  3. Prema Localizar ou Localizar todo.

Ao premer Atopar seguinte, o Calc selecciona a seguinte cela que conteña o texto. Pode ver e editar o texto e despois premer Atopar seguinte para avanzar até a seguinte cela que se atope.

  1. Se pechou a caixa de diálogo, pode premer unha combinación de teclas (+Maiús+F) para atopar a cela seguinte sen abrir a caixa de diálogo.

  2. Por omisión, o Calc busca na folla actual. Marque a opción Todas as follas para buscar en todas as follas do documento.

Ao premer Atopar todo, o Calc selecciona todas as celas que conteñan a entrada. Pódese, por exemplo, formatar todas as celas en grosa ou aplicar un estilo de cela a todas de vez.

O Navegador

  1. Para abrir a xanela do Navegador escolla Editar - Navegador.

O Navegador é a ferramenta principal para atopar e seleccionar obxectos.

Empregue o Navegador para inserir obxectos e ligazóns do mesmo documento ou doutros documentos que haxa abertos.

Precisamos da súa axuda!

Precisamos da súa axuda!