Aplicar filtros

Os filtros e os filtros avanzados permiten traballar sobre determinadas filas filtradas (rexistros) dun intervalo de datos. Nas follas de cálculo do LibreOffice existen varias posibilidades para aplicar filtros.

  1. Un uso da función de filtro automático é a de restrinxir rapidamente que se mostren os rexistros con entradas idénticas no campo de datos.

  2. Na caixa de diálogo Filtro estándar tamén pode definir intervalos que conteñan os valores de campos de datos determinados. Pode empregar o filtro estándar para conectar as condicións cos operadores lóxicos E ou OU.

  3. O Filtro avanzado permite até oito condicións de filtrado. Cos filtros avanzados as condicións introdúcense directamente na folla de cálculo.

Icona Suxestión

Para retirar un filtro e que as celas se vexan de novo prema dentro da área na que se aplicou o filtro e escolla Datos - Filtro - Restaurar filtro.


Icona Nota

Ao seleccionar varias filas dunha área na que haxa un filtro aplicado esta selección pode incluír filas que sexan visíbeis e filas que estean agochadas por un filtro. Se se aplica formato ou eliminan as filas seleccionadas, esta acción só se aplica ás filas visíbeis. As filas agochadas non se ven afectadas.


Icona Nota

Isto é o oposto ás filas que se agocharon manualmente coa orde Formato - Filas - Agochar filas. As filas agochadas manualmente si se eliminan ao eliminar unha selección que as conteña.


Precisamos da súa axuda!