Axuda do LibreOffice 25.8
No Calc do LibreOffice pode inserir valores, texto ou fórmulas que se copien simultaneamente a outras follas seleccionadas do documento.
Seleccione todas as follas desexadas premendo a tecla OrdeCtrl e as lapelas que aínda estean en gris na marxe inferior do espazo de traballo. Todas as lapelas seleccionadas tórnanse brancas.
Pode empregar Maiús+OrdeCtrl+RePág ou AvPáx para seleccionar varias follas empregando o teclado.
Cando agora insira valores, texto ou fórmulas na folla activa todo iso aparecerá en posicións idénticas no resto de follas seleccionadas. Por exemplo, os datos que se introduzan na cela «A1» da folla activa tamén se introducen automaticamente na cela «A1» de todas as follas seleccionadas.