Seleccionar temas para follas de cálculo

O Calc do LibreOffice vén cun conxunto predefinido de temas de formato que se poden aplicar ás follas de cálculo.

Non é posíbel engadir temas ao Calc nin modificalos. Porén, pódense modificar os estilos despois de aplicalos a unha folla de cálculo.

Antes de formatar unha folla cun tema hai que aplicar polo menos un estilo de cela personalizado ás celas da folla de cálculo. Daquela será posíbel cambiar o formato de cela seleccionando e aplicando un tema da caixa de diálogo Selección de tema.

Para aplicar un estilo de cela personalizado a unha cela pode abrir a xanela Estilos e, na caixa de lista inferior, escoller a vista de estilos personalizados. Aparece unha lista de estilos de cela personalizados. Prema dúas veces nun nome na xanela Estilos para aplicar ese estilo ás celas seleccionadas.

Para aplicar un tema a unha folla de cálculo:

  1. Prema na icona Escoller temas da barra Ferramentas.

    Icona Temas

    Escoller temas

    Aparece a caixa de diálogo Selección de tema. Esta caixa de diálogo lista os temas dispoñíbeis para toda a folla de cálculo e a xanela Estilos lista os estilos personalizados para as celas específicas.

  2. Na caixa de diálogo Selección de tema seleccione o tema que desexe aplicar á folla de cálculo.

  3. Prema en Aceptar.

    Así que seleccione outro tema na caixa de diálogo Selección de tema, algunhas das propiedades do estilo personalizado se aplican á folla de cálculo actual. As modificacións fanse visíbeis inmediatamente na folla de cálculo.

Precisamos da súa axuda!