Importar e exportar ficheiros de dBASE

Pode abrir e gardar datos no formato de ficheiro do dBASE (extensión de ficheiro *.dbf) no Base do LibreOffice ou nunha folla de cálculo. No Base do LibreOffice.

Para importar un ficheiro do dBASE a unha folla de cálculo

  1. Escolla Ficheiro - Abrir.

  2. Localice o ficheiro *.dbf que desexe importar.

  3. Prema en Abrir.

    Ábrese a caixa de diálogo Importar ficheiros do dBASE.

  4. Prema en Aceptar.

    O ficheiro do dBASE ábrese como nova folla de cálculo do Calc.

    Icona Aviso

    Se desexa gardar a folla de cálculo como ficheiro do dBASE non altere ou elimine a primeira fila do ficheiro importado. Esta fila contén información necesaria para base de datos dBASE.


Para importar un ficheiro do dBASE a unha táboa de base de datos

Unha táboa de base de datos do Base do LibreOffice é, realmente, unha ligazón a unha base de datos existente.

  1. Escolla Ficheiro - Novo - Base de datos.

  2. Na caixa de diálogo Nome de ficheiro da caixa de diálogo Gardar como, introduza un nome para a base de datos.

  3. Prema en Gardar.

  4. Na caixa de diálogo Base de datos da caixa de diálogo Propiedades da base de datos seleccione «dBASE».

  5. Prema Seguinte.

  6. Click Browse.

  7. Localice o directorio que conteña o ficheiro de dBASE e prema Aceptar

  8. Prema en Crear.

Para gardar unha folla de cálculo como ficheiro de dBASE

  1. Escolla Ficheiro - Gardar como.

  2. Na caixa de diálogo Formato de ficheiro seleccione «ficheiro do dBASE».

  3. Na caixa de diálogo Nome de ficheiro escriba un nome para o ficheiro dBASE.

  4. Prema en Gardar.

Icona Nota

Só se exportan os datos da folla actual.


Precisamos da súa axuda!