Axuda do LibreOffice 25.8
Prema no botón Máis na caixa de diálogo Táboa dinámica. A caixa de diálogo esténdese.
Pode seleccionar un intervalo con nome no que se vaia crear a táboa dinámica na caixa Resultados para. Se o intervalo de resultados non ten un nome, introduza as coordenadas da cela superior esquerda do intervalo no campo que estea á dereita da caixa Resultados para. Tamén pode premer na cela apropiada para que as coordenadas se introduzan.
Se marca a opción Ignorar filas baleiras, estas non se terán en conta ao crear a táboa dinámica.
Estando a opción Identificar categorías marcada, as categorías identifícanse polas súas cabeceiras e asígnase en consencuencia ao crear a táboa dinámica.