Axuda do LibreOffice 25.8
Pode empregar filtros para retirar os datos que non desexe dunha tába dinámica.
Prema o botón Filtrar da folla para invocar a caixa de diálogo das condicións de filtro. Como alternativa, invoque o menú de contexto da táboa dinámica e seleccione a orde Filtrar. Aparece a caixa de diálogo Filtrar. Nela, pode filtrar a táboa dinámica.
Tamén pode premer a frecha dun botón da táboa dinámica para que emerxa unha xaneliña. Nela pode editar as condicións de visibilidade do campo asociado.
A xaneliña emerxente mostra unha lista dos membros de campo asociados con ese campo. Aparece unha caixa de selección á esquerda de cada nome de membro de campo. Se un campo ten un nome mostrado alternativo que difira do seu nome orixinal, é ese o nome que aparece na lista.
Active ou desactiva unha caixa de opción para mostrar ou agochar o membro de campo asociado na táboa dinámica.
Active ou desactive a opción Todo para mostrar un ou ningún dos membros de campo.
Seleccione un membro de campo na xaneliña emerxente e prema o botón para que se mostre soamente o membro do campo seleccionado. O resto dos membros están ocultos na táboa dinámica.
Seleccione un membro do campo na xanela emerxente e prema o botón para agochar soamente o membro do campo seleccionado. O resto dos membros aparecen na táboa dinámica.
As ordes permiten ordenar os membros do campo en orde ascendente, descendente ou empregando unha lista ordenada personalizada.
Para editar as listas ordenadas personalizadas abra LibreOffice - PreferenciasFerramentas - Opcións - Calc do LibreOffice - Listas ordenadas.
Normalmente, a frecha para abrir a xanela emerxente é negra. Cando o campo contén un ou máis membros de campo ocultos a frecha é azul e mostra un cadradiño no recanto inferior dereito.
Tamén pode abrir a xanela emerxente colocando o cursor da cela sobre o botón e premendo OrdeCtrl+D.