Axuda do LibreOffice 25.8
Prema nun dos botóns da táboa dinámica e manteña o botón do rato premido. Aparecerá un símbolo especial a carón do punteiro do rato.
Ao arrastrar o botón a unha posición diferente da mesma fila pódese alterar a orde das columnas. Se arrastra un botón para o bordo esquerda da táboa para a área de títulos de fila pode transformar unha columna nunha fila.
Na caixa de diálogo Táboa dinámica pódese arrastrar un botón para a área Filtros para crear un botón e unha caixa de lista na parte superior da táboa dinámica. A caixa de lista pódese empregar para filtrar a táboa dinámica polo contido do elemento seleccionado. Pode arrastrar e soltar dentro da táboa dinámica para empregar outro campo de páxina como filtro.
Para retirar un botón da táboa, simplemente arrástreo para fóra dela. Solte o botón do rato cando o punteiro do rato colocado dentro da folla torne nunha icona de «non permitido». O botón desaparece.
Para editar a táboa dinámica prema nunha cela dentro dela e abra o menú de contexto. No menú de contexto atopará a orde Propiedades, que mostra a caixa de diálogo Disposición da táboa dinámica da táboa dinámica actual.
Na táboa dinámica pode arrastrar e soltar ou cortar e pegar para reorganizar a orde dos campos de datos.
Pode asignarlles nomes personalizados aos campos, membros dos campos, subtotais (con algunhas restricións) e totais dentro das táboas dinámicas. Estes nomes personalizados asígnanselle a un elemento substituíndo o nome orixinal por outro.