Creación de táboas dinámicas

  1. Coloque o cursor dentro dun intervalo de celas que conteñan valores e cabeceiras de fila e columna.

  2. Escolla Inserir - Táboa dinámica. Aparece a caixa de diálogo Seleccionar fonte. Escolla Selección actual e confirme con Aceptar. As cabeceiras de táboa aparecen como botóns na caixa de diálogo Táboa dinámica. Arrastre estes botóns como precise e arrástreos para as áreas «Filtros», «Campos de columna», «Campos de fila» e «Campos de datos».

  3. Arrastre os botóns que precise para unha das catro áreas.

Arrastre un botón á área Filtros para crear un botón e unha caixa de lista encima da táboa dinámica xerada. Pode empregar a caixa de lista para filtrar a táboa dinámica polo contido do elemento seleccionado. Pode arrastrar e soltar dentro da táboa dinámica xerada para empregar outro campo de páxina como filtro.

Se o botón se solta sobre a área Campos de datos, recibirá unha lenda que tamén mostra a fórmula que se vai empregar para calcular os datos.

  1. Pódese cambiar a orde dos botóns en calquera momento movéndoos a unha posición diferente da área co rato.

  2. Retire un botón arrastrándoo de volta para a área dos restantes botóns á dereita da caixa de diálogo.

  3. To open the Data Field dialog, double-click one of the buttons in the Row Fields or Column Fields area. Use the dialog to select if and to what extent LibreOffice calculates display subtotals.

Saia da caixa de diálogo Táboa dinámica premendo Aceptar. Nese momento insírese un botón Filtro, ou un botón de páxina para cada campo de datos que se soltase na área Filtros. A táboa dinámica insírese máis abaixo.

Abrir ficheiro cun exemplo:

Precisamos da súa axuda!