Axuda do LibreOffice 25.8
Pode empregar varios filtros para filtrar intervalos de celas nas follas de cálculo. Un filtro estándar emprega as opcións indicadas para filtrar os datos. Un filtro automático filtra os datos seguindo un valor ou cadea determinados. Un filtro avanzado emprega criterios de filtro a partir das celas que se indique.
Prema nun intervalo de celas.
Escolla .
Na caixa de diálogo Filtro estándar especifique as opcións de filtraxe que desexe.
Prema en Aceptar.
Móstranse os rexistros que coincidan coas opcións de filtraxe que se especificasen.
Prema nun intervalo de celas ou nun interalo de base de datos.
Se desexa aplicar varios filtros automáticos á mesma folla de cálculo ten que definir primeiro os intervalos de base de datos e despois aplicar os filtros automáticos aos intervalos de base de datos.
Escolla .
Engádese un botón de frecha á cabeceira de cada columna do intervalo de base de datos.
Prema o botón coa frecha da columna que conteña o valor ou cadea que queira definir como criterios de filtraxe.
Seleccione un valor ou cadea que queira empregar como criterios de filtraxe.
Móstranse os rexistros que coincidan cos criterios de filtrado.
Prema no intervalo de celas filtrado.
Escolla .