Axuda do LibreOffice 25.8
Pódese definir un intervalo de celas dunha folla de cálculo para empregar como base de datos. Cada fila deste intervalo de base de datos corresponde a un rexistro de base de datos e cada cela unha fila corresponde a un campo de base de datos. Pódense ordenar, agrupar, buscar e realizar cálculos sobre o intervalo como se faría nunha base de datos.
Só se pode editar e acceder un intervalo de base de datos na folla de cálculo que contén o intervalo. Non se pode acceder ao intervalo da base de datos na vista de fontes de datos do LibreOffice.
Para definir un intervalo de base de datos
Seleccione o intervalo de celas que desexa definir como intervalo de base de datos.
escolla
.Na caixa Nome introduza un nome para o intervalo de base de datos.
Prema en Opcións.
Especifique as opcións do intervalo de base de datos.
Prema en Aceptar.