Axuda do LibreOffice 25.8
No Calc do LibreOffice pódenselle dar aos números calquera formato de moeda. Ao premer a icona da barra para formatar un número a cela recibe o formato de moeda predeterminado definido en .
O intercambio de documentos do Calco do LibreOffice podo provocar problemas se o documento do Calc do LibreOffice o carga un usuario que empregue un formato de moeda predeterminado diferente.
No Calc do LibreOffice pódese definir que un número que se formate como «1.2345,50€» fique como euros noutro país e non se convirta en dólares.
Pode cambiar o formato monetario na caixa de diálogo
(escolla a lapela ) con dúas opcións de país. Na caixa de combinación seleccione a opción básica para os separadores decimal e de millares. Na caixa de lista pode seleccionar o símbolo monetario e a súa posición.Por exemplo, se o idioma está definido como «Predeterminado» e a configuración local é Galego, o formato de moeda será «1.234,00€». Colócase un punto antes dos millares e unha vírgula antes dos decimais. Se despois se selecciona o formato de moeda subordinado «$ Inglés (EE.UU.)» na caixa de lista
terase o formato seguinte: «$ 1.234,00». Como se pode ver, os separadores fican igual. Só se cambiou e converteu o símbolo de moeda, mais o formato subxacente da notación permanece igual ao definido na configuración local.Se, en
, se convirten as celas a «Inglés (EE.UU)», a configuración local de lingua inglesa tamén se transfire e o formato de moeda predeterminado é agora «»1,234.00.