Axuda do LibreOffice 25.8
Os ficheiros con valores separados por vírgulas (SC) son ficheiros de texto que inclúen o contido das celas dunha única folla. Como delimitadores de campo pódense empregar vírgulas, puntos e vírgulas e outros caracteres. As cadeas de texto colócanse entre aspas e os números escríbense sen elas.
Escolla Ficheiro - Abrir.
No campo Tipo de ficheiro seleccione o formato «Texto CSV». Seleccione o ficheiro e prema Abrir. Se o ficheiro ten a extensión .csv o tipo de ficheiro recoñécese automaticamente.
Verá a caixa de diálogo
. Prema .Se o ficheiro CSV contén fórmulas mais vostede quere importar os resultados desas fórmulas, escolla LibreOffice - PreferenciasFerramentas - Opcións - Calc do LibreOffice - Ver e desmarque a opción Fórmulas.
Prema na folla que desexa escribir como ficheiro CSV.
Se desexa exportar as fórmulas como fórmulas, por exemplo, no formato =SUM(A1:B5), proceda do seguinte xeito:
Escolla LibreOffice - PreerenciasFerramentas - Opcións - Calc do LibreOffice - Ver.
En Mostrar marque a opción Fórmulas. Prema Aceptar.
Se desexa exportar os resultados do cálculo no canto das fórmulas non marque Fórmulas.
Escolla Ficheiro - Gardar como. Verá a caixa de diálogo Gardar como.
No campo
seleccione o formato «Texto CSV».Introduza un nome e prema Gardar.
Na caixa de diálogo Exportar ficheiros de texto que aparece, seleccione o conxunto de caracteres e os delimitadores de campo e texto dos datos que desexe exportar e confirme con Aceptar.
Se é necesario, despois de gardar, limpe a opción Fórmulas para ver os resultados calculados na táboa de novo.