Abrir e gardar ficheiros de texto CSV

O formato CSV (Valores Separados por Vírgulas, Comma Separated Values) é un formato de ficheiros de texto que se poden empregar para intercambiar datos dunha base de datos ou folla de cálculo entre aplicacións. Cada liña dun ficheiro de texto CSV representa un rexistro da base de datos ou unha fila nunha folla de cálculo. Cada campo dun rexistro de base de datos ou cela de folla de cálculo normalmente sepárase cunha vírgula. Porén, pódense empregar outros caracteres para delimitar un campo, como un carácter de tabulación.

Se o campo ou cela conteñen unha vírgula, o campo ou cela debe estar entre aspas simples (') ou duplas (").

Para abrir un ficheiro de texto CSV no Calc

  1. Escolla Ficheiro - Abrir

  2. Localice o ficheiro CSV que desexe abrir.

    Se o ficheiro ten unha extensión *.csv, seleccione o ficheiro.

    Se o ficheiro CSV ten outra extensión seleccione o ficheiro e despois «Texto CSV» na caixa Filtrar.

  3. Seleccione a caixa de verificación Editar configuración do filtro para abrir a caixa de diálogo Importar texto e defina as opcións de importación para os datos delimitados. Se a opción Editar configuración do filtro non estiver seleccionada, o Calc do LibreOffice emprega as opcións da última operación de importación de texto.

  4. Prema Abrir.

Ao seleccionar a caixa Editar configuración do filtro ábrese a caixa de diálogo Importación de texto. Entón:

Icona Suxestión

Marque a caixa do delimitador de texto que corresponda co carácter empregado como delimitador de texto no ficheiro. Caso o delimitador non apareza, escriba o carácter na caixa de entrada.


Para gardar unha folla como ficheiro de texto CSV

Icona Nota

Ao exportar unha folla de cálculo ao formato CSV só se gardan os datos da folla actual. O resto da información, incluídas as fórmulas e o formato, pérdense.


  1. Abra a folla de cálculo que queira gardar como ficheiro de texto CSV.

    Icona Nota

    Só se pode exportar a folla actual.


  2. Escolla Ficheiro - Gardar como.

  3. Na caixa Nome do ficheiro introduza un nome para o ficheiro.

  4. Na caixa Filtro seleccione «Texto CSV».

  5. (Opcional) Defina as opcións de campo para o ficheiro de texto CSV.

    Seleccione Editar configuración do filtro.

    Na caixa de diálogo Exportar a ficheiros de texto seleccione as opcións que desexe.

    Prema en Aceptar.

  6. Prema Gardar.

Precisamos da súa axuda!

Precisamos da súa axuda!