Consolidar datos

Durante a consolidación os contidos das celas de varias follas se combinan nun lugar.

Para combinar o contido de celas

  1. Abra o documento que conteña os intervalos de celas que consolidar.

  2. Escolla Datos - Consolidar para abrir a caixa de diálogo Consolidar.

  3. Na caixa Área de datos de orixe seleccione un intervalo de celas de orixe para consolidar con outras áreas.

    Se o intervalo non ten nome prema no campo a carón de Área de datos de orixe. Aparece un cursor de texto intermitente. Escriba unha referencia para o primeiro intervalo de datos de orixe ou seleccione o intervalo co rato.

  4. Prema Aceptar para inserir o intervalo seleccionado no campo Áreas de consolidación.

  5. Seleccione intervalos adicionais e prema Engadir após cada selección.

  6. Especifique onde quere mostrar o resultado seleccionando o intervalo de destino na caixa Copiar resultados a.

    Se o intervalo de destino non ten nome prema no campo a carón de Copiar resultados a e introduza a referencia ao intervalo de destino. Como alternativa, seleccione o intervalo empregando o rato ou coloque o cursor na cela superior esquerda do intervalo de destino.

  7. Seleccione unha función na caixa Función. A función especifica como se vinculan os valores dos intervalos de consolidación. A función «Suma» é a opción predeterminada.

  8. Prema Aceptar para consolidar os intervalos.

Configuración adicional

Prema Máis na caixa de diálogo Consolidar para mostrar opcións adicionais:

Os datos dos intervalos de consolidación e o intervalo de destino gárdanse ao gardar o documento. Se posteriormente se abre un documento na que se definiu a consolidación, estes datos estarán dispoñíbeis de novo.

Precisamos da súa axuda!