Axuda do LibreOffice 24.8
Pode formatar celas cun formato numérico que realce os números negativos en vermello. Como alternativa, pode definir o seu propio formato numérico no que os números negativos estean destacados noutras cores.
Seleccione as celas e escolla Formato - Celas.
Na lapela Números, seleccione un formato numérico e marque a caixa de selección Números negativos en vermello. Prema en Aceptar.
O formato numérico das celas defínese en dúas partes. O formato dos números positivos e cero defínese diante do punto e vírgula; despois do punto e vírgula defínense os números negativos. Pode cambiar o código (RED) en YELLOW. Que o novo código apareza na lista após premer a icona significa que esta é unha entrada válida.
. Por exemplo, no canto de RED, introduza