Axuda do LibreOffice 25.8
Ao empregar a orde do menú Formato - Condicional - Condición a caixa de diálogo permite definir condicións por cela, que se deben cumprir para que as celas seleccionadas teñan un formato determinado.
Para aplicar o formato condicional o cálculo automático debe estar activado. Escolla Datos - Calcular - Calcular automaticamente (verá unha marca a carón da orde Calcular automaticamente cando esta estea activada).
Co formato condicional pode, por exemplo, realzar os totais que excedan o valor medio de todos os totais. Se os totais cambian o formato cambia en consecuencia, sen ter que aplicar outros estilos manualmente.
Seleccione as celas ás que desexe aplicar un estilo condicional.
Escolla Formato - Condicional - Condición.
Introduza a(s) condición(s) na caixa de diálogo. A caixa de diálogo descríbese en detalle na Axuda do LibreOffice e hai un exemplo aquí abaixo:
Imaxine que quere destacar determinados valores das táboas. Por exemplo, nunha táboa de produtividade pode mostrar todos os valores que superen a media en verde e os inferiores en vermello. Isto é posíbel co formato condicional.
En primeiro lugar, cree unha táboa con varios valores diferentes. Para esta proba pode crear táboas con números ao chou:
Nunha das celas introduza a fórmula =ALEATORIO(), coa que obterá un número ao chou entre 0 e 1. Se quere enteiros entre 0 e 50 introduza a fórmula =ENT(ALEATORIO()*50).
Copie a fórmula para crear unha fila de números aleatorios. Prema no canto inferior dereito da cela seleccionada e arrastre para a dereita até seleccionar o intervalo de celas desexado.
Do mesmo xeito que se describiu arriba, arrastre o canto da cela que está máis á dereita para crear máis filas de números ao chou.
O seguinte paso é aplicar un estilo de cela a todos os valores que representen produtividade superior á media e outro aos que estean por debaixo. Asegúrese que a xanela Estilos é visíbel antes de preoseguir.
Prema nunha cela en branco e seleccione a orde Formatar celas no menú de contexto.
Na caixa de diálogo Formatar celas da lapela Fondo prema no botón Cor e seleccione unha cor de fondo. Prema Aceptar.
No panel Estilos da barra lateral prema na icona Novo estilo a partir da selección. Introduza o nome do novo estilo. Para este exemplo, déalle o nome «Arriba»
Para definir un segundo estilo prema de novo nunha cela en branco e proceda como se describiu antes. Asígnelle unha cor de fondo diferente á cela e déalle un nome (neste exemplo, «Abaixo»).
No noso exemplo específico estamos a calcular a media dos valores aleatorios. O resultado colócase nunha cela:
Coloque o cursor nunha cela en branco, J14, por exemplo, e escolla Inserir - Función.
Seleccione a función MEDIA. Empregue o rato para seleccionar todos os números aleatorios. Se non pode ver o intervalo enteiro porque o asistente de funcións o tapa, pode encoller esta caixa de diálogo temporalmente empregando a icona .
Peche o asistente de funcións con
.Agora xa pode aplicar o formato condicional á folla:
Seleccione todas as celas que teñen os números ao chou.
Escolla a orde Formato - Condicional - Condición para abrir a caixa de diálogo correspondente.
Defina as condicións deste xeito: Se o valor da cela é inferior a $J$14, formate co estilo de cela «Abaixo» e se o valor da cela é superior ou igual a $J$14 formate co estilo de cela «Arriba».
Para aplicar posteriormente o formato condicional a outras celas:
Prema nunha das celas que recibiu formato condicional.
Copie a cela ao portapapeis.
Seleccione as celas que van recibir este mesmo formato.
Escolla Editar - Pegado especial - Pegado especial. Aparece a caixa de diálogo Pegado especial.
Na área Pegar, prema na caixa Formatos. O resto das caixas deben estar desmarcadas. Prema en Aceptar. No canto disto, tamén pode premer no botón Só formatos.