Asignar formatos por fórmula

Pódese engadir a función ESTILO() a unha fórmula existente nunha cela. Por exemplo, xunto coa función ACTUAL é posíbel colorar unha cela dependendo do seu valor. A fórmula =...+ESTILO(SE(ACTUAL()>3; "Vermello"; "Verde")) aplica o estilo de cela «Vermello» ás celas se o valor é maior de 3 e, se non, aplica o estilo de cela «Verde».

Se desexa aplicar unha fórmula a todas as celas dunha área seleccionada pode empregar a caixa de diálogo Atopar e substituír.

  1. Seleccione todas as celas desexadas.

  2. Seleccione a orde do menú Editar - Atopar e substituír.

  3. No termo Atopar, introduza: .*

    ".*" é unha expresión regular que designa o contido da cela actual.

  4. Introduza a fórmula seguinte no campo Substituír: =&+ESTILO(SE(ACTUAL()3;"Vermello";"Verde"))

    O símbolo «&» designa o contido actual do campo Atopar. A liña debe comezar cun signo de igual, dado que se trata dunha fórmula. Asúmese que os estilos de cela «Vermello» e «Verde» xa existen.

  5. Marque os campos Expresións regulares e Só selección actual. Prema en Atopar todo.

    Todas as celas con contido que se incluíse na selección aparecerán realzadas.

  6. Prema en Substituír todo.

Precisamos da súa axuda!

Precisamos da súa axuda!