Referencing a Cell in Another Sheet

Nunha cela dunha folla pode mostrar unha referencia a unha cela doutra folla.

Da mesma maneira, pódese facer unha referencia a unha cela desde outro documento sempre que ese documento xa fose gardado nun ficheiro.

Para referenciar unha cela do mesmo documento

  1. Abra unha folla de cálculo nova baleira. Por omisión, só ten unha única folla chamada Folla1. Engada unha segunda folla premendo no botón + á esquerda da lapela da folla de abaixo (terá como nome Folla2 por omisión).

  2. Como exemplo, introduza a fórmula seguinte na folla A1 da Folla1:

    =Folla2.A1

  3. Prema na lapela Folla 2 da parte inferior da folla de cálculo. Coloque o cursor na cela A1 e introduza un texto ou número.

  4. Se volve para a Folla1, verá o mesmo contido na cela A1. Se o contido de Folla2A1 cambia, o contido de Folla1.A1 tamén cambia.

tip

Ao referenciar unha folla cun nome que conteña espazos, empregue aspas simples arredor do nome: ='Folla con espazos no nome'.A1


tip

O exemplo emprega a sintaxe de fórmulas do Calc. Tamén é posíbel empregar a sintaxe de fórmulas do Excel A1 ou R1C1; isto configúrase na Páxina de opcións de fórmula.


Para referenciar unha cela doutro documento

  1. Escolla Ficheiro - Abrir para cargar un documento de folla de cálculo existente.

  2. Escolla Ficheiro - Novo, para abrir un documento de folla de cálculo novo. Coloque o cursor na cela na que desexe inserir os datos externos e introduza un símbolo de igual para indicar que desexa comezar unha fórmula.

  3. Pase entón ao documento que acaba de cargar. Prema na cela cos datos que desexa inserir no novo documento.

  4. Volva de novo para a folla de cálculo nova. Na liña de entrada verá que o Calc do LibreOffice xa engadiu a referencia á fórmula.

    A referencia a unha cela ou a outro documento contén o nome completamente cualificado do outro documento entre aspas simples (') seguido dun cancelo #, do nome da folla do outro documento, seguido dun punto e do nome ou referencia á cela.

    Por exemplo, .

    note

    O URI da ruta e o nome do documento deben sempre estar entre aspas simples. Se o nome contén aspas simples (') hainas que escapar mediante dúas aspas simples (''). O nome dunha folla só pode ir sen aspas se non contén un espazo ou un carácter que funcione como operador ou se o nome é puramente numérico (por exemplo, «123» debe ir entre aspas).


  5. Confirme a fórmula premendo na marca de comprobación verde.

  6. Se arrastra a caixa do recanto inferior dereito da cela activa para seleccionar un intervalo de celas, o LibreOffice insire automaticamente as referencias correspondentes nas celas adxacentes. Como resultado, o nome da folla vai precedido dun signo «$» para designala como referencia absoluta.

Se examina o nome do outro documento desta fórmula, notará que está escrito en forma de URL. Isto significa que tamén pode introducir un URL da Internet.

Precisamos da súa axuda!