Axuda do LibreOffice 24.8
Coa axuda do Navegador pódese referenciar celas dunha folla noutra do mesmo documento ou dun documento diferente. As celas pódense inserir como copia, ligazón ou hiperligazón. O intervalo a inserir pódese definir cun nome no ficheiro orixinal para podelo inserir no ficheiro de destino.
Abra o documento que contén as celas de orixe.
Para definir o intervalo de orixe como o intervalo, seleccione as celas e escolla Folla - Intervalos e expresións con nome - Definir. Grave o documento de orixe e non o peche.
Abra a folla na que desexe inserir algo.
Abra o Navegador. Na caixa inferior do Navegador seleccione o ficheiro fonte.
No Navegador, o obxecto do ficheiro de orixe aparece en «Nomes de intervalos».
Empregando a icona Modo de arrastre no Navegador, escolla se desexa que a referencia sexa unha hiperligazón, unha ligazón ou unha copia.
Prema no nome en «Intervalos de nomes» no Navegador e arrástreo para a cela da folla actual na que desexa inserir a referencia.
Tamén é posíbel usar este método para inserir un intervalo desde outra folla do mesmo documento na folla actual. Seleccione o documento activo como fonte no paso 4 de arriba.