Axuda do LibreOffice 24.8
O seguinte é un exemplo dun cálculo no Calc de LibreOffice.
Prema nunha cela e escriba un número
Prema Intro.
O cursor baixa á cela seguinte.
Introduza outro número.
Prema a tecla Tabulador.
O cursor móvese para a cela seguinte á dereita.
Escriba unha fórmula, por exemplo, =A3 * A4 / 100.
Prema Intro.
O resultado da fórmula aparece na cela. Se quere, pode editar a fórmula na liña de entrada na barra de fórmulas.
Cando se edita unha fórmula, o novo resultado calcúlase automaticamente.