Axuda do LibreOffice 24.8
Use as ordes Enchedura automática ou Serie para encher as celas de forma automática.
A enchedura automática xera series de datos baseados en patróns predefinidos.
Nunha folla, prema nunha cela e escriba un número.
Prema noutra cela e despois prema de novo na cela na que escribiu o número.
Arrastre o controlador de enchedura, situado no canto inferior dereito da cela polas celas que quere encher e solte despois o botón do rato.
As celas énchense con números ascendentes.
Para crear rapidamente unha lista de días consecutivos, introduza Luns nunha cela e arrastre o controlador de enchedura.
Manteña premido CommandCtrl se non quere encher as celas con valores diferentes.
Se selecciona dúas ou máis celas que conteñan números diferentes e arrastra, as celas restantes énchense co patrón aritmético que se recoñeza nos números. A función de enchedura automática tamén recoñece as listas personalizadas que se configuran en .
Pode premer dúas veces no controlador de enchedura para encher todas as columnas baleiras do bloque de datos activo. Por exemplo, introduza primeiro xan en A1 e arrastre o controlador de enchedura cara a abaixo ata A12 para ter os doce meses na primeira columna. A seguir, introduza algúns valores en B1 e C1. Seleccione as dúas celas e prema dúas veces no controlador de enchedura. O bloque de datos B1:C12 encherase automaticamente.
Selecccione o intervalo de celas na folla de cálculo que quere encher.
Escolla
.Seleccione os parámetros para a serie.
Se selecciona unha serie aritmética, o incremento introducido engádese a cada número consecutivo da serie para crear o valor seguinte.
Se selecciona unha serie xeométrica, o incremento inserido multiplícase por cada número consecutivo para crear o valor seguinte.
Se selecciona unha serie de data, o incremento introducido engádese á unidade de tempo que especifique.