Bordos de cela definidos polo usuario

Pódenselle aplicar varios estilos de liña diferentes ás celas seleccionadas.

  1. Seleccione a cela ou bloque de celas.

  2. Escolla Formato - Celas.

  3. Prema na lapela Bordos da caixa de diálogo.

  4. Escolla as opcións de bordo que desexa aplicar e prema en Aceptar.

As opcións da área Disposición de liña serven para aplicar diversos estilos de bordo.

Selección de celas

Dependendo da selección de celas, a área terá unha aparencia ou outra.

Selección

Área Disposición de liñas

Unha cela

bordos cunha cela seleccionada

Celas dunha columna

bordos cunha columna seleccionada

Celas dunha fila

bordos cunha fila seleccionada

Celas nun bloque de 2x2 ou máis

bordos cun bloque seleccionado


Configuración predeterminada

Prema nunha das iconas Predefinido para definir ou restabelecer bordos múltiplos.

Exemplos

Seleccione un bloque de, por exemplo, 8x8 celas e escolla Formato - Celas - Bordos

liña de iconas predeterminada da páxina de lapelas Bordos

Agora pode continuar a ver que liñas serán definidas ou eliminadas mediante o resto das iconas.

Configuración definida polo usuario

Pode definir ou eliminar liñas individuais na área Definido polo usuario. A visualización mostra as liñas en tres estados diferentes.

Para alternar entre os tres estados prema repetidamente nun bordo ou nun canto.

Tipos de liña

Imaxe

Significado

Unha liña negra

liña continua para bordo definido polo usuario

A liña correspondente das celas seleccionadas defínea unha liña negra. Cando se escolle o estilo de 0.05 pt móstrase unha liña punteada e cando se selecciona o estilo de liña dupla móstranse liñas duplas.

Unha liña gris

liña gris para bordo definido polo usuario

Móstrase unha liña gris se non se modifica a liña correspondente das celas seleccionadas. Non se define ou elimina ningunha liña nesta posición.

Unha liña branca

liña branca para bordo definido polo usuario

Cando se elimina a liña correspondente das celas seleccionadas móstrase unha liña branca.


Exemplos

Seleccione unha única cela e escolla Formato - Celas - Bordos.

Para definir unha liña moi fina prema no bordo inferior. Todas as demais liñas serán eliminadas.

configurar un bordo inferior fino

Escolla un estilo de liña groso e prema no bordo inferior. Isto define unha liña grosa como bordo.

configurar unha liña grosa como bordo

Para definir os catro bordos prema na segunda icona predefinida da esquerda. Despois, para eliminar o bordo inferior, prema nela repetidamente ata que se mostre unha liña branca.

retirar o bordo inferior

Pode combinar varios tipos e estilos de liña. A última imaxe mostra como definir bordos externos grosos (as liñas negras grosas), sen modificar ningunha liña diagonal dentro da cela (liñas grises).

exemplo avanzado de bordos de cela

Precisamos da súa axuda!